Hello, iPhone

A idea de Apple de fusionar o iPod cun teléfono móbil non é moi orixinal, e a promocionan como algo realmente revolucionario, pero hai que recoñecer que saben venderse,...

A idea de Apple de fusionar o iPod cun teléfono móbil non é moi orixinal, e a promocionan como algo realmente revolucionario, pero hai que recoñecer que saben venderse, cando menos no seu primeiro anuncio televisivo:

Está moi currado pois aparecen personaxes de moitas películas dando unha imaxe do que foron os teléfonos ó longo das últimas décadas. ¿Alguén recoñece a tódolos actores? Eu distingo a Humphrey Bogard, Marlon Brando, Jerry Lewis, Marilyn Monroe, Clark Gable, Peter Sellers, Steve McQueen, Richard Dreyfuss, Burt Reynolds, Betty Mármore, Robert Redford, Michael J. Fox, Harrison Ford, John Cusack, Audrey Tatou, Kevin Spacey, William H. Macy, Dustin Hoffman, Will Ferrell, Sarah Jessica Parker, Billy Crystal, Cameron Díaz, Samuel L. Jackson, John Travolta, Robert De Niro, Ben Stiler, Michael Douglas, Mr. Incrible, e, especialmente, Jeff Bridges facendo de El Nota (¿chamábase O Nacho na TVG?) en El Gran Lebowski.
A verdade é que son moi excéptico con iPhone de Apple, pois coido que as prestacións multimedia dos móbiles xa están presentes no mercado dende hai boa, e vexo difícil que alguén pague uns 600 euros por unha mestura do seu móbil co iPod, cando os terminais telefónicos actuais (deses que custan 0 euros ó darse de alta) xa aceptan tarxetas MicroSD, teñen radio e fan a de dios. Supoño que o iPhone quedará para os incondicionais da compañía de Steve Jobs que estean sobrados de cartos, aínda que poderían marcar un novo rumbo sector da telefonía móbil. Haberá que agardar a xuño para que o móbil deixe de ser vaporware e se converta nunha realidade que se poida analizar obxectivamente.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS