-
Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con Suíza» chamada Fantasy Basel paréceme unha auténtica pasada, non polos convidados, senón polo moito que traballan o espazo, conseguindo que...
-
Hai tempo que non comparto ningún vídeo de Oregón TV, pero como esta fin de semana no seu programa renderon homenaxe a Queen cun vídeo facendo burla da tan frecuente dificultade que teñen as anteriores xeracións co uso da tecnoloxía. Non é a primeira vez que traen a Queen...
-
Nos últimos días causou furor un vídeo de BBC News no que o profesor Robert Kelly, mentres estaba a falar en directo mediante videoconferencia sobre a destitución da presidenta surcoreana Park Geun-hye, veuse interrompido pola súa filla e o seu fillo, tras os que apareceu rapidamente a súa dona...
-
Robert Jones, un deses tolos que fai vídeos bastante entretidos para YouTube, como no que mestura escenas de películas dos anos 90 na que pode verse á xente bailand ao son do The Bad Touch de The Bloodhound Gang, vén de facer unha xenialidade ao coller o tema Get...
-
Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista que a CIA estaba a espiarnos (cando de todos é sabido que os que fan espionaxe electrónica masiva son os...
-
O vindeiro venres estréase na Illa de Aurousa o novo espectáculo de Marcos Pereiro, Como ser Armario Empotrado, un monólogo que durante un par de meses percorrerá Galicia en solitario, contando a súa experiencia nun particular ximnasio. A cousa promete ser unha risa, e as oportunidades para ver a...
-
Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na cabeceira de Magnum, para ter ter así unha peza super friki que emitiuse hoxe por primeira vez en antena e...
-
A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da Coruña, e dado que os compañeiros do Galicia por diante da Radio Galega tiveron a ben falar con el uns...
-
O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García Doval Minina de Cheshire achegáronse até a Radio Galega para falar do tema. A súa intervención no programa A Tarde...
Debe estar conectado para enviar un comentario.