-
Na Rede tenden a resucitar chistes en formato PowerPoint ou ilustrándoos con personaxes coma os de Barrio Sésamo, e así temos algo coma o seguinte: ¿Cal de tódalas diferenzas entre o bo, o malo e o fodido é a que máis molestaría? Uff, a verdade é que son todas...
-
A xente de Apple incorporou ós seus últimos ordenadores, tanto portátiles coma sobremesa (agás o Mac mini, claro), unha webcam á que chaman iSight, e como hai moitos usuarios paranoicos, un fabricante anuncia o iPatch: Supostamente o iPatch serve para tapar a cámara dos iMac e lanzarán proximamente versións...
-
No Puedo Creer descubreume unha curtametraxe arxentina de dous rapaces afeccionados ó anime que se enfrontan en plan Son Goku (e mesmo fan unha referencia ós Cabaleiros do Zodíaco): Esta curta saíu do Taller Escuela de Buenos Aires e me lembra ó feito de que hai tempo que ningunha...
-
Ai, ai, ai… veño de comer con Hero, Claire, Peter, Nikki, Noah e o resto de protagonistas de Heroes, ou sexa, que aproveitei a hora do xantar para ver o último episodio de Heroes e sen escarallarlle a ninguén o final podo asegurar que está tremendo. É un dos...
-
A xente de Boing Boing fala hoxe dunha camisola que recompila en pouco espazo unha chea de spoilers cinematográficos que poden valerlle unhas hostias a quen a leve: ¿Por qué digo que alguén pode gañar unha golpiza ó vestir a camisola? Pois porque aínda que contar o final de...
-
Esta noite, ás 22:00 horas na Primeira, botan Terminator 2 o que me lembra que xa hai un anuncio da serie The Sarah Connor Chronicles que narra historias entre Terminator 2 e Terminator 3: De tódolos xeitos, o que máis me rechamou foi a presenza de Summer Glau, a...
-
No cine, no teatro, nos concertos, nas xuntanzas… ¡Apagade os vosos móbiles! De non facer así, teredes que atervos ás consecuencias: Xa sabía eu que Vader non era tan malo 😛...
-
Fer vén de avisarme da xira galega de Mother Superior, por se a alguén lle interesa: Para quen non coñeza o grupo, velaquí os detalles: Los fans de la Henry Rollins Band les conocen como un torbellino masivo de sonido y crudeza guiado por uno de los frontman más...
-
José Luis Orihuela quedou flipado pola camiseta que levou Ramón Corominas a un encontro podcasteiro na Universidade de Málaga: A verdade é que iso de inventar unha Fundación de Ayuda contra la Blogadicción é todo un puntazo, aínda que non atopei onde venden esas camisetas, e preferiría unha versión...