Terminator volve

Esta noite, ás 22:00 horas na Primeira, botan Terminator 2 o que me lembra que xa hai un anuncio da serie The Sarah Connor Chronicles que narra historias entre...

Esta noite, ás 22:00 horas na Primeira, botan Terminator 2 o que me lembra que xa hai un anuncio da serie The Sarah Connor Chronicles que narra historias entre Terminator 2 e Terminator 3:

Summer Glau en SerenityDe tódolos xeitos, o que máis me rechamou foi a presenza de Summer Glau, a quen xa vira na serie Firefly e na película Serenity interpretando á enigmática River. Nesta ocasión póñenlle de nome Cameron en homenaxe a James Cameron (director das dúas primeiras películas de Terminator).
A nova serie ten boa pinta, pero farase agardar, como moitas outras series que non chegarán ata 2008. Haberá que cruzar os dedos para agardar algo decente no que resta de ano (¿será Flash Gordon a sorpresa do verán?).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS