Spoilers a tutiplén

A xente de Boing Boing fala hoxe dunha camisola que recompila en pouco espazo unha chea de spoilers cinematográficos que poden valerlle unhas hostias a quen a leve: ¿Por...

A xente de Boing Boing fala hoxe dunha camisola que recompila en pouco espazo unha chea de spoilers cinematográficos que poden valerlle unhas hostias a quen a leve:
Spoilers cinematográficos
¿Por qué digo que alguén pode gañar unha golpiza ó vestir a camisola? Pois porque aínda que contar o final de Star Wars, Psicosis e outros clásicos non debería ter importancia, contar un evento importante dunha película aínda non estreada de Harry Potter é outro cantar. Que leve a camisola en España que rece por non atopar a ningún rapaz de se cosque do asunto, porque podería gañar unha merecida paliza 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS