-
Esta tarde seguín a presentación do novo iPhone a través da Rede, a través de varios blogs actualizados ao minuto e cunha retransmisión de audio en directo que me deu vergoña seguir, xa que a audiencia demostraron ser unha chea de fanboys sen criterio ningún. Cada vez que alguén...
-
Xusto antes de que comezase a keynote de Steve Jobs chamáronme da Radio Galega para compartir uns minutos en antena con Kiko Novoa, autor de facéndome o sueco: Eu sempre lembro o blog de Kiko pola seguinte imaxe: Sobre o premio que vén de levar, podedes ler máis información...
-
Hoxe en Voces de Galicia comentamos que o xa que dende este mes o hardware que queira ter o logo de certificado para Windows Vista terá que ser compatible co sistema operativo de Microsoft que sairá a comezos de 2010. Tamén comento a da nova versión de (moi chulo,...
-
Tradicionalmente na Coruña hai unha bronca continua entre partidarios de chamar á cidade La Coruña ou A Coruña que podería terse arranxado hai moitos anos eliminando o artigo como tamén se fixo con Ferrol, mentres que a nivel autonómico a comunidade recibía normalmente o nome de Galicia, mentres que...
-
Mañá, Steve Jobs vai facer unha presentación na que dará a coñecer o que será o novo iPhone, e para que vos fagades unha idea mellor do que será este móbil e de se será axeitado para vós, falarei das miñas impresións do terminal actual. O dispositivo O iPhone...
-
Remata o segredo. Despois dun pouco de investigación logrei botar un ollo ao que será a nova web do Concello de Melide antes de que se presente oficialmente, e a cousa pinta moi ben: ¡Pero qué bonitiña é! E iso non é todo. Estiven a pocear polo novo deseño...
-
Non, non estou a seguir a serie Secret Invasion na súa edición americana, pois agardarei a que chegue a España, pero é imposible permanecer inmune aos spoilers que circulan pola rede coma os que destripan o número 3 da nova saga da Marvel. Lede se queredes, pero a min...
-
¿Sabedes o que é Drank? Pois parece que é o contrario das bebidas enerxéticas, ou sexa, o anti-Red Bull, que parece que queren vender nos EE.UU. (dubido que cheguen a facelo) aínda que o que nos podemos preguntar é, ¿quen carallo vai querer beber iso? Ou mellor dito, ¿non...
-
Algo se está a mover na web do Concello de Melide, e tras varias semanas sen actualizar, redirixe ao dominio Concellodemelide.org que aparece xestionado pola empresa compostelá Acordar (os de Vieiros), polo que parece que en breve veremos unha completa e renovada web, se atendemos a que a mesma...