Adeus, Melide.org. Ola, Concellodemelide.org

Algo se está a mover na web do Concello de Melide, e tras varias semanas sen actualizar, redirixe ao dominio Concellodemelide.org que aparece xestionado pola empresa compostelá Acordar (os...

Algo se está a mover na web do Concello de Melide, e tras varias semanas sen actualizar, redirixe ao dominio Concellodemelide.org que aparece xestionado pola empresa compostelá Acordar (os de Vieiros), polo que parece que en breve veremos unha completa e renovada web, se atendemos a que a mesma compañía xa fixo bos traballos coas webs dos concellos de Santiago, Carballo ou Arzúa.
Icona da web do Concello de MelideA nova web xa amosa unha icona no que parece que será o novo logotipo do Concello de Melide. Entendo que a estrea da web virá acompañada dun cambio de imaxe corporativa, polo que igual se demoran un pouco as cousas.
¿Alguén sabe cando se estreará a nova web? ¿Esta semana? ¿A semana que vén?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS