• O iPhone 3G podería ter uns prezos moi atractivos

    Sabemos que o prezo máximo de venda ao público do iPhone 3G é de 199 euros, podendo ser máis baixo segundo a cota mensual contratada con Movistar, pero o último rumor (que podería ser un bulo tremendo) apunta a uns prezos moi atractivos: Segundo o cartel o iPhone de...
  • Boquete de seguridade

    Dani avisoume de que este blogue tiña un boquete de seguridade: Quitando que fose un meme, teño que avisar que si tiña un grave problema de seguridade, que se solucionou actualizando a versión de WordPress. Nos últimos días puidéchedes ver que o blogue funcionaba mal, pois alguén estaba a...
  • Penedo estrea blog musical

    ¿Lembrades o blog Los discos de Penedo? Pois para redondear o produto, Penedo decidiu estear un podcast musical dende o mesmo: Chámase Sin Reservas e comeza moi ben: Este novo podcast ten o formato dun programa musical, e nun principio terá unha duración de 1 hora en entregas semanais,...
  • As novidades da semana en RadioVoz

    Esta mañá falei con Isidoro Valerio en Voces de Galicia sobre o éxito de descargas do Firefox 3, Songbird como alternativa a iTunes, a web de QuePlaya.es e o puñeteiro canon dixital: Tamén comentei o lanzamento inminente de EFiX, un dispositivo USB que fai crer ao Mac OS X...
  • ¿Chegaron á súa fin as parodias porno?

    As películas porno baseadas en películas de éxito é todo un xénero que sirve para botar unhas risas aínda que sexa só polos seus títulos ridículos: Eduardo Manospenes, Mujeres de Negro, Penetrator 2, La Guarra de las Galaxias, Indiana Jane, etc. Outros títulos eran menos imaxinativos e limitábanse a...
  • Buscador de praias de toda España

    A xente de Nicenova achéganos información meteorolóxica en Quetiempo.es, os prezos do carburante en Gasofa.es e agora fan doado atopar praias para as tardes do verán, valéndose de mapas de Google é dando información de utilidade (o grao de ocupación, fotografías, lugares de interese próximos…). Recoméndovos que vos pasades...
  • A Industria discográfica está morta para Gene Simmons (KISS)

    Moitos blogs están a falar esta semana dunhas declaracións de Gene Simmons (líder de KISS) contra as descargas de música a través da Internet, de xeito que equiparan a súa postura á de Metallica, e acusan a Simmons de non saber asumir o pouco éxito dos últimos discos de...
  • O editor de criaturas de Spore é unha carallada

    Dende esta semana se pode descargar de balde a versión de proba do editor de criaturas para o xogo Spore que sairá despois do verán, o que moita xente aproveitou para homenaxear a personxes televisivos como Pikachu, un Dalek, os personaxes de Futurama Dr. Zoidberg e Mordisquitos, e incluso...
  • Os coellos tolos e a Eurocopa

    Os coellos tolos de Rayman terán en breve un novo xogo, e para promocionalo, emulan o que fixeron co Tour de Francia, e rinden homenaxe á Eurocopa: ¡Para partir as cachas! Aínda que no caso do Rayman Raving Rabbids TV Party é bastante literal (xa que unha das probas...