O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon Secada, artista que estaba de xira por España para promocionar o tema Por si no vuelves, que gravou con Soraya.
O máis curioso do asunto é que como a canción que quería dar a coñecer Secada precisaba de Soraya no escenario, e non quixo recorrer ao típico truco de amosar á compañeira de dueto na pantalla xigante para suplir a súa ausencia, polo que cantou unha versión a unha soa voz en directo, como tamén fixo co seu clásico Otro Día Más Sin Verte. Ou sexa, que Jon Secada fixo algo moi pouco habitual nos programas de televisión, como é cantar en directo cando o máis habitual é que representar o que se escoita nun disco gravado para evitar complicacións técnicas e riscos.
Ah, e non conformes con iso, Jon Secada tamén sumouse á inmensa listaxe de figuras que interpretaron O Candil no Luar.
Pero unha cousa curiosa de Secada é que internacionalmente parecía estar desaparecido do panorama musical, o que podería ter que ver coa súa discreta presenza en liña, algo que parece querer corrixir co seu divertido vídeo musical Just Another Guy On YouTube, no que fai burla de si mesmo querendo ser youtubeiro e incluso lembrando vellas glorias da Rede como MySpace.
Haberá que agardar agora para ver se este tema conseguir viralizarse, de xeito que algúns collan anacos da cancións para facer os seus propios vídeos en YouTube. Sería un bo xeito de recuperar a toda unha icona da música de primeiros dos anos 90, ou sexa, que podería ser o sucesor de Rick Astley na Rede, aínda que iso igual é moito pedir.
Debe estar conectado para enviar un comentario.