O Rei dos Machucos

Co gallo da estrea da nova tempada de Game of Thrones está a captar certa atención o mashup de Roei Zilber (DJ Rozroz) no que colle a sintonía da...

Co gallo da estrea da nova tempada de Game of Thrones está a captar certa atención o mashup de Roei Zilber (DJ Rozroz) no que colle a sintonía da serie e mestúraa cun tema de James Brown cun acabado maxistral:

Ao ver tal vídeo descubrín que o mesmo autor tiña outros machucos realmente bos, dos que o mellor de todos pareceume que foi o que conseguiu ao acompañar o Beat It do Rei do Pop coa música do Mambo Nº5 de Lou Bega:

De feito, estou sorprendido polo feito de que teña poucas reproducións en YouTube, cando impresionoume o ben que casan dúas cancións tan diferentes. Tamén conseguiu un bo resultado con outros machucos como o divertidísimo Cotton Eye Joe con música de Adele:

Ou ao colocar a Jon Bon Jovi cantando acompañado polos catro de Liverpool:

Convídovos a ver estes vídeos en YouTube, pois así poderedes descubrir moitos outros machucos interesantes que mesturan a formacións de distintas épocas e xéneros moi diferentes con resultados abraiantes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS