Fisterra sucumbe ao carbono modificado

A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...

A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible almacenar a conciencia dunha persoa nunha pía colocada na caluga, permitindo así non só transcender á propia morte, senón tamén empregar os corpos como se fosen prendas de vestir (fundas) de xeito que é posible transferir a consciencia dunha funda a outra, o que resulta de grande utilidade, por exemplo, para viaxar entre planetas.

Temos así unha proposta que moitos ven como unha versión lixeira de Blade Runner, que presenta moitas capas, de xeito que tanto podemos vela como unha simple serie de acción na que hai que resolver un enigma, como tamén podemos adoptar unha perspectiva máis filosófica sobre o significado da humanidade, das desigualdades sociais ou da identidade do individuo.

Pero o que me chamou máis a atención foi ver que hoxe Netflix decidiu promocionar a serie cun vídeo ambientado en Fisterra, protagonizado por Vicente Mohedano (facendo de antigo sepultureiro), Covadonga Berdiñas (a súa dona), Carolina Vázquez (facendo dunha especie de viúva negra) e Josito Porto (o cura que reparte hostias en realidade virtual), que presentan con humor o impacto que tería a tecnoloxía de Altered Carbon no noso contorno máis próximo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS