Gayoso xa ten figura Pop! de Funko

A pasada noite no programa Luar da Televisión de Galicia o melidense Manuel DeAndrade tivo a ben entregarlle a Xosé Ramón Gayoso unha figura Pop! inspirada na súa persoa,...

A pasada noite no programa Luar da Televisión de Galicia o melidense Manuel DeAndrade tivo a ben entregarlle a Xosé Ramón Gayoso unha figura Pop! inspirada na súa persoa, para que se vexa que a estrela da Galega ten tanto dereito a ter unha figura de Funko como Son Goku, o Dr. Who ou os personaxes de Xogo de Tronos.

A figura é unha creación de Melissa Dean, unha artesá canadense, que ao entregar o traballo na caixa característica de Funko dálle un realismo incrible, de xeito que a figura loce moi ben xunto a outras Pop!:

Agora só falta que amplíen a colección e saquen Pop! de Roberto Vilar, Piñeiro, Atilano, Nucha e Mucha, Currás… 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS