Pedro Rey na TVG

A Televisión de Galicia leva unhas semanas emitinodo o programa de Marta Doviro Somos Ben Curiosos, que esta semana quixo amosar o mundo do coleccionismo, e entre os notables...

somos_ben_curiosos_10996590_332267323648308_4845232608523406025_n

A Televisión de Galicia leva unhas semanas emitinodo o programa de Marta Doviro Somos Ben Curiosos, que esta semana quixo amosar o mundo do coleccionismo, e entre os notables acumuladores temáticos atoparon a Pedro Rey, a quen moitos definen como tintinófilo porque supoño que neste mundo ten que haber de todo. 😉

Para os que non queiran papar o programa enteiro no servizo de vídeo á carta da TVG (aínda que recomendo facelo, para ver tamén o coñecido establecemento coruñés El Baúl de los Recuerdos e aos toliños da Tropa Korriban xunto con Andrés de Alita Comics, quen demostra as súas malas artes no combate), velaquí o anaco no que sae o noso prezado coleccionista compostelán:

Iso si, hai que recoñecerlle que a figura de Tintín descubrindo ao capitán Haddock é ben xeitosa:

Tintin coñece a Haddock

Unha mágoa que non vaia estar presente (a figura) na exposición que inaugurará Pedro a semana que vén na que amosará obras de Hergé en 80 idiomas (mimá!).

ACTUALIZACIÓN: A inauguración da Exposición de Pedro Rey adíase unha semana.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS