Os xogos sinxelos para o móbil son todo un éxito, pero a simplicidade aínda era maior nos anos 80, pois antes da Game Boy había unha especie de reloxos con alarma que inspirados en calculadoras ofrecían horas de lecer cunha mecánica repetitiva e unha música e uns efectos de son que enganchaban aos máis cativos.
Eu lembro con moito cariño a Game & Watch de Donkey Kong e o xogo de Kung Fu, pero agora a páxina web Pica Pic creada por Hipopotam ofrécenos unha interesante colección de maquiniñas que podemos xogar dende o noso navegador web, para rememorar así os velos tempos.
Para min resultoume especialmente rechamante que estivese o clásico Donkey Kong Jr. e un xogo que deseñecía de Arale, pois resulta que nos primeiros anos da TVG emitían as series do Dr. Slump e Arale (vaia, vaia
) e Donkey Kong (foooorza muuuusculaaaar
). Unha afortunada coincidencia que ilumina o meu corazonciño nostálico dos videoxogos retro.
Os que botasen moitas horas con este tipo de xogos no seu tempo, que fuxan da mencionada páxina, para non pór en perigo a súa produtividade laboral 😉
25 Marzo, 2011