Insultos alternativos, sofisticados e super-ofensivos segundo Ter

Unha das youtubers emerxentes, que causou certo rebumbio hai uns meses por comentar que as Kardashians son máis importantes que Gabriel García Márquez (chegando a saír en medios de...

Unha das youtubers emerxentes, que causou certo rebumbio hai uns meses por comentar que as Kardashians son máis importantes que Gabriel García Márquez (chegando a saír en medios de comunicación ao outro lado do Atlántico), Ter, conseguiu destacar especialmente pola súa defensa do cu de Kim Kardashian como a nova proporción áurea, pero agora tamén tivo outra xenialidade: propor insultos alternativos.

Ter asegura que o insulto «fillo de puta» perdeu todo o significado, e realmente non insulta á persoa á que queremos ofender, polo que fai interesantes propostas alternativas.

Eu quedo coas máis tecnolóxicas:

  • Es un enderezo de correo electrónico de Yahoo!
  • Es Facebook cando aínda non se podían pór stickers nos comentarios
  • Es unha actualización de Java
  • Es un GIF que non carga
  • Es o Wi-Fi de Renfe, que non hai
  • Es a páxina web do Congreso dos Deputados
  • Es un grupo de WhatsApp para mercar un agasallo en común

Aínda que posiblemente o máis ofensivo de todos os insultos é o de «es unha marmelada con só o 5% de froita». 😆

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS