ExpOtaku 2014 (e IV): o derradeiro día

Hoxe tocou achegarme a EXPOCoruña para despedirme de ExpOtaku, que esta quinta edición parece ter superado todas as marcas. Dende a organización comentáronme que superaran as trece mil entredas...

entrada de EXPOCoruña

Hoxe tocou achegarme a EXPOCoruña para despedirme de ExpOtaku, que esta quinta edición parece ter superado todas as marcas. Dende a organización comentáronme que superaran as trece mil entredas vendidas, polo que xunto co persoal acreditado e os máis de 700 cosplayers que entraron de balde o domingo teriamos unhas quince mil persoas, o que debería facer reflexionar a algúns sobre o alternativos que son estes eventos.

Hortografía deskoidada

posto de ramen

Aínda que o venres a cosa estaba moi parada, hoxe o posto de Takeshi xa tiña actividade, aínda que iso levoume a fixarme nun detalle ortográfico que non sei se atribuír á ignorancia da persoa que o escribiu ou á mala baba que teñen algúns á hora de botar unha man aos demáis:

ortografía descoidada en ExpOtaku

Scalextric mental

A min resultoume especialmente simpática a experiencia dunha tuiteira ourensá que quixo probar a controlar o coche do Scalextric coa mente. As caras que poñía eran un panorama, pero finalmente colleulle o truco:

Invasión cosplay

Wonder Woman coas princesas Mononoke

Pero se algo tiñamos hoxe era xente disfrazada, en boa medida polo reclamo de que os cosplayers entraban de balde.

Aínda que en ExpOtaku predomine o manga e o anime, sorprendeume ver unha grande presenza de personaxes de DC, como Wonder Woman (o meu cosplay favorito desta edición do evento), Harley Quinn, Batgirl, Flash e Superman. Como se manteña ese nivel, en Hobby Con os personaxes de DC van poder meterlle unha boa somanta aos da Marvel. 😀

Había un pouco de todo, e incluso algúns decidiron deixar constancia de que lembraban que hoxe era o Día do Orgullo Friki:

Día da Toalla

Pois para os despistados hai que lembrar que o 25 de maio é o Día da Toalla na honra de Douglas Adams, autor da Guía do Autoestopista Galáctico.

disfraz de LEGO no chan

Pero todo o bo remata, e como consecuencia non faltan os cadáveres no camiño, de aí que alguén chamase ao Sr. Lobo para que eliminase as probas.

O ano que vén, máis; e para que non queira esperar, nos vindeiros meses teremos Hobby Con, Viñetas desde o Atlántico e RetroCoruña. Allons-y!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Logan: «hostia puta»

    Por se alguén estaba confundido e pensaba que Logan ía ser unha especie de terceiro filme de Lobezno, temos por fin un novo tráiler que deixa claro que a...
  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...
  • As Cantareiras de Ardebullo estarán en Melide o sábado

    En Melide podemos congratularnos polo feito de que este sábado pola noite a Casa da Cultura vai converterse no escenario dun espectáculo das Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha,...