13 Marzo, 2017
Unha das youtubers emerxentes, que causou certo rebumbio hai uns meses por comentar que as Kardashians son máis importantes que Gabriel García Márquez (chegando a saír en medios de comunicación ao outro lado do Atlántico), Ter, conseguiu destacar especialmente pola súa defensa do cu de Kim Kardashian como a nova proporción áurea, pero agora tamén tivo outra xenialidade: propor insultos alternativos.
Ter asegura que o insulto «fillo de puta» perdeu todo o significado, e realmente non insulta á persoa á que queremos ofender, polo que fai interesantes propostas alternativas.
Eu quedo coas máis tecnolóxicas:
- Es un enderezo de correo electrónico de Yahoo!
- Es Facebook cando aínda non se podían pór stickers nos comentarios
- Es unha actualización de Java
- Es un GIF que non carga
- Es o Wi-Fi de Renfe, que non hai
- Es a páxina web do Congreso dos Deputados
- Es un grupo de WhatsApp para mercar un agasallo en común
Aínda que posiblemente o máis ofensivo de todos os insultos é o de «es unha marmelada con só o 5% de froita». 😆