A que promete ser a película máis divertida do ano, Guardianes de la Galaxia Vol. 2, estrea por fin o seu novo tráiler, amosando moito máis do que era de esperar.
Nébula, a nova Vexeta
Por unha banda parece bastante claro que o personaxe de Nébula, interpretado por Karen Gillan (moi coñecida polo seu papel como acompañante do Doutor Who), vai ser unha especie de Vexeta, ou sexa, alguén que pese a iniciar a súa historia no bando contrario remata unindo forzas cos protagonistas fronte a unha grande ameaza.
Kurt Russell como Ego?!
Pero o personaxe que resulta máis rechamante do tráiler é o interpretado por Kurt Russell, pois confírmase que o actor será o pai de Peter Quill, pero en vez de ser J’son, o cabronazo rexente de Spartax, parece ser unha encarnación humana de Ego, o planeta vivinte, o que semella bastante raro.
Tamén parece que Groot manterá a súa forma de bebé durante o filme (aínda que parece bastante predicible que terá que enfrontarse a algunha situación extrema que o obrigue a medrar de vez, como fai habitualmente, e a incorporación ao equipo de Yondu e Mantis tamén promete enriquecer unha historia que confío en que remate encadeando dalgún xeito con Vengadores: La Guerra del Infinito.
Debe estar conectado para enviar un comentario.