Tráilers frikis a tutiplén

Pouquiño a pouco nas últimas horas foron saíndo un tráiler tras outro de películas frikis que parecían medrar en expectación a cada peza audiovisual que se publicaba, pois comezaron...

Pouquiño a pouco nas últimas horas foron saíndo un tráiler tras outro de películas frikis que parecían medrar en expectación a cada peza audiovisual que se publicaba, pois comezaron un frouxiño vídeo promocional de Resident Evil: El Capítulo Final, que o principal interese que tiña é que contaba o argumento do filme que se estreará o 3 de febreiro en vez de limitarse a amosar unha sucesión de secuencias de acción.

Despois puidemos ver un breve adianto de Guardianes de la Galaxia Vol. 2, da que aínda amosan moi pouco, sendo o máis destacado por moitos que a Mapache Cohete vai acompañalo Baby Groot (supoño que nalgún momento da produción recuperará o seu tamaño orixinal). O mellor da película é que poderemos vela no mes de abril, ou sexa, que a espera non será moi longa.

Pero, un pouco antes, no mes de marzo, veremos un filme que pode ser moi frouxo, se atendemos á calidade das súas anteriores entregas, pero que promete moito, especialmente se coñecemos a banda deseñada no que se basea. Trátase de Logan, a terceira película de Lobezno, que desta volta achégase á figura de Viejo Logan, ou sexa, que está ambientada moitos anos despois dos días gloriosos dos X-Men, pero en vez de amosar un futuro apocalíptico, quedan a medio camiño e introducen a unha nena mutante que ten toda a pinta de estar baseada en X-23, un intento de clon de Lobezno que pode dar moito de si se desenvolven ben a trama.

Aínda que estou case seguro que a longametraxe coa que máis vou gozar será a dos Guardianes, a nivel de tráiler hai que admitir que o de Logan estreado hoxe é unha auténtica marabilla. Esperemos que o resultado final non decepcione.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...