El Mundo del Spectrum na Radio Galega

A chegada da informática aos fogares a través dun ordenador que era tan sinxelo como influínte, que sentou as bases sobre as que se asentou toda unha industria de...
autores do libro El Mundo del Spectrum

Os autores do libro El Mundo del Spectrum presentando o volume editado por Dolmen

A chegada da informática aos fogares a través dun ordenador que era tan sinxelo como influínte, que sentou as bases sobre as que se asentou toda unha industria de desenvolvemento de videoxogos, facendo que a trangallada dos ordenadores puidese verse como algo moi próximo aos usuarios, que chegamos a desenvolver auténtico afecto cara un mundo que agora vemos con nostalxia, e que é o centro da páxina web El Mundo del Spectrum, que vén de transcender a Rede para chegar ás librarías na forma dun dos libros máis recomendable dos últimos anos, tanto polo seu coidado deseño como polo xeito de abordar os seus contidos.

Temos así que El Mundo del Spectrum é un libro de Dolmen Editorial que podemos considerar un auténtico fetiche, e para saber máis do mesmo, o pasado sábado no programa Banda Ancha da Radio Galega falamos un bo anaco con Jesús Martínes del Vas, un dos autores da obra, e a quen algúns lembrarán pola miña caricatura como yedai jamao.

Por se non vos chegou o que comentou Jesús sobre o tomo que é como suxeitar un ZX Spectrum orixinal entre as mans, podedes ver o seu vídeo promocional para saír de dúbidas.

Trátase dun volume que recolle moitas historias que resultarán amenas para calquera que vivira naqueles tempos, pero que, incluso sen ler unha soa letra, resulta todo un pracer pasar as páxinas lembrando trebellos, xogos, celebridades… máis que un libro, é un retrato dun tempo no que os xogos gravábanse en casetes e os bocadillos de Nocilla axudaban a superar os longos e ruidosos tempos de carga.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...