As Cantareiras de Ardebullo na Palladium

Esta mañá non parou de escoitarse a palabra Melide na radio, pois estaban a facer reconto dos accidentes de tráfico da fin de semana, e coincidiu que tanto os...

Esta mañá non parou de escoitarse a palabra Melide na radio, pois estaban a facer reconto dos accidentes de tráfico da fin de semana, e coincidiu que tanto os mozos que saíron da estrada en Arzúa, coma os que fixeron o propio en Toques, viñan de pasar unha noite de troula en Melide, que parece estar a pórse de moda tras varios anos nos que a marcha perdera pulo. Eu prefiro esquecer o loito no Pino e en Friol, e pensar en que Melide é un lugar do que gusta a xente do interior de Galicia para pasalo ben, polo que quixera lembrar que as Catareiras de Ardebullo van estar o domingo na Palladium:
Cartel do Baile de Ardebullo
Admito que custoume traballo ver o cartel do Bailde de Ardebullo en Melide, non porque non estivese nas rúas céntricas, senón porque resultaba moi pouco rechamante (supoño que non sería o único que pasou pola zona do parque sen mirar para eles).
A Palladium converterase nunha festa o domingo ás 20:00 horas, aínda que o horario paréceme un pouco raro, pois o espectáculo dura 2 horas e media, de xeito que é doado que os asistentes non estean de volta á casa ata as 11 da noite… ¿porán petiscos na sala de festas? Supoño que buscarían tal horario para que a xente no tivese problemas para ir ao traballo ao día seguinte.
Ah, e aínda que no cartel que poño aquí no se vexa moi ben, o prezo do chou é de 10 eurazos. Non é que sexa moito, pero resulta un tanto arriscado, porque a xente non ten nin idea de cómo vai resultar a mestura entre un concerto e varias actuacións humorísticas.
Eu non asistirei porque son alérxico ao Luar, e non collería o gusto ao humor das Cantareiras (por non estar afeito), pero teño confianza en que a asistencia será masiva.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...