Guardianes de la Galaxia Vol. 2: rumbo a petalo de novo

Non hai ningunha dúbida: o novo vídeo promocional da secuela de Guardianes de la Galaxia deixa claro que o filme vai arrasar si ou si. Esta nova peza non...

Non hai ningunha dúbida: o novo vídeo promocional da secuela de Guardianes de la Galaxia deixa claro que o filme vai arrasar si ou si.

Esta nova peza non di absolutamente nada do argumento da película, só presenta a un dos novos personaxes (Mantis, un membro do grupo na súa versión de banda deseñada), e practicamente limítase a facer bromas sobre os protagonistas.

A cousa non podía ter saído mellor. A xente bota unhas risas e xa vai apuntando na axenda o 28 de abril de 2017 como unha data na que non se pode faltar aos cines.

James Gunn vai volver arrasar simplemente por terlle collido o punto a un tipo de produción que pode divertir a calquera, estea ou non familiarizado cos personaxes da Marvel. Que rulen os flocos de millo!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS