Os Gardiáns da Galaxia máis leñeiros ca nunca

Por fin teño na casa unhas láminas de madeira que en edición limitada que encarguei hai un par de meses a Rob Loukotka, un artista que ten montado un...

láminas

Por fin teño na casa unhas láminas de madeira que en edición limitada que encarguei hai un par de meses a Rob Loukotka, un artista que ten montado un obradoiro en Chicago chamado Fringe Focus, dende o que crea impresionantes pezas que vende a través da Internet.

Non só fai láminas dos Guardianes de la Galaxia, senón que incluso ten un impresionante taboleiro de Risk feito de madeira (que pode ser un excelente agasallo para os seareiros do xogo) e algún que outro póster apto para nostálxicos como o que dedicou aos Cazapantasmas ou os de xoguetes clásicos.

Un artista ao que paga a pena seguir, xa que de seguro que nos sorprenderá con moitas creacións interesantes nos vindeiros meses.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS