Volve Lobo

Non son ningún partidario da revisión do Universo DC que fixeron nos últimos anos, e parece haber unanimidade en que os New 52 foron un auténtico desastre, cuns personaxes...

direct-currents-2016-001-000Non son ningún partidario da revisión do Universo DC que fixeron nos últimos anos, e parece haber unanimidade en que os New 52 foron un auténtico desastre, cuns personaxes nos que a coherencia era imposible, e con moi poucas coleccións salvables, e agora parece que queren arranxar un pouco as cousas con Rebirth (Renacimiento), aínda que eu continúo a desconfiar.

O que si parece que están a arranxar é o desastre que fixeron con Lobo, un dos meus personaxes favoritos, ao que converteran nunha especie de emo sacado de True Blood ou algo así, con moi pouco que ver co cazador de recompensa con pintas de moteiro que tan carismático resultaba. O personaxe clásico parece estar de volta, e precisamente onde o vemos é no número 1 de Direct Currents, regreso dunha publicación que me trae moitos recordos, xa que esta revista promocional de DC Comics xa existía non tempos de Ediciones Zinco, e precisamente o feito de facerse con ela en España era principalmente escribindo ao correo dos lectores que levaban Sergio Pradera e Miguel G. Saavedra, xa que como agasallo dos seus moitos concursos tiñan posters e exemplares da pequena revisa de balde na que adiantaban novidades da editorial.

direct-currents-2016-001-005_detalle

direct-currents-2016-001-006_detalleNo primeiro número da nova Direct Currents falan de Justice League vs. Suicide Squad, o primeiro enfrontamento entre a Liga da Xustiza e o equipo de Amanda Waller no Universo DC actual, co que claramente queren aproveitar a tracción das películas para pantalla grande, aínda que sen cinguirse ás composicións cinematográficas de ambos grupos, de xeito que incluso atrévense a formar unha JLA pouco ortodoxa con Batman, The Ray, The Atom, Canario Negro, Vixen, Killer Frost ¡¿e Lobo?! ¡¿Mande?! Non teño nin idea de como xustificarán que Batman recrute ao derradeiro czarniano, pero a cousa pinta interesante.

Resúltame tamén curioso que Lobo tamén forme parte dos máis buscados que manipulados por Maxwell Lord levarían a que o Escuadrón Suicida e a Liga da Xustiza unan forzas (ou sexa, que supoño que Lobo cambiará de bando no medio da historia, probablemente tras sentirse enganado por Lord). Os outros malvados serían a Emperatriz Esmeralda, o Doutor Polaris, Johnny Sorrow e Rustam, unha chea de segundóns que só destacaron no seu día nalgunha historia solta, pero parecen bastante cutres como para ser unha grande ameaza a superar (outra cousa é Max Lord, que cando se pon pode ser un auténtico pesadelo).

En calquera caso será un pracer volver ver ao Lobo de sempre, aínda que sexa só para comprobar se o personaxe recupera o seu carácter e así igual se animan algún día a retomar o proxecto de filme en pantalla grande do que leva tantos anos falándose.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS