Flash… ¡A-aaaaah!

Chega o día 10 de agosto, quecemos os motores para a frikada desta noite nos EE.UU., pois estrean a nova serie de televisión de Flash… ¡A-aaah! (léase imitando un...

Flash Gordon
Chega o día 10 de agosto, quecemos os motores para a frikada desta noite nos EE.UU., pois estrean a nova serie de televisión de Flash… ¡A-aaah! (léase imitando un dos temas máis míticos de Queen) Gordon.
Non sabía qué agardar da serie, pero polo menos agora xa sei cómo son os personaxes que aparecen na mesma:
Os personaxes da serie
Si, o primeiro e o profesor Zarkov, que é tan friki coma sempre, e prometer dar un toque de humor (ou eso agardo); seguido por Ming, que desta vez non será unha versión colorista de Fu Manchú (¡cachis!); logo chegan as mozas de toda a vida, a princesa Aura e Dale Arden; logo o ex-secundario de Smallville que desta volta fai de Flash Gordon e, por último, e non por iso menos importante, unha tal Baylin. ¡¿Mande?! ¡¿Bayling?! Se non entendo mal en vez de pór en escena ó príncipe Barin poñen a unha tía macizorra que mesmo lle fai sombra ás féminas máis tradicionais da serie. Esa xogada lémbrame ó que fixeron en Galactica con Starbuck.

Personaxes aparte, hai outro detalle que me parece moi prometedor: ¡as armas ridículas! Para mostra, un botón:
Flash Gordon cunha pistola retrofuturista
Iso das armas retrofuturistas ten un encanto especial.

O avance da serie non deixa ver moito:

Aínda que para pasar o tempo sempre podemos lembrar a película de Dino De Laurentiis con banda sonora de Queen:

Admito que para min é toda unha sorpresa que estreen unha serie tan prometedora no verán, pero supoño que será para tomar posicións de cara á nova tempada (xa que Sci-Fi Channel tardará en collerlle o pulso ós seus competidores pois as novas tempadas das súas series aínda tardarán en estrearse).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS