Non parece haber moita dúbida sobre o feito de que La Bella y la Bestia sexa unha das mellores películas de animación de todos os tempos, e o feito de que fose a primeira do seu xénero en conseguir estar nomeada aos Premios Oscar na categoría de Mellor Película parecía constatalo, pero estaba claro que a produción non se prestaba tanto á sobreexplotación como outras franquías de Disney que podían contar con secuelas e series de televisión, polo que, á hora de remotar a marca o único que se lles ocorreu é facer un filme de acción real que por fin se deixa ver en condicións co seu primeiro tráiler:
Sorprendeume bastante a elección de Emma Watson como Bella, pois coido que non garda parecido coa súa versión animada (e que para alguén tan célebre é un risco bastante grande para a súa carreira), pero teño a impresión de que vai conseguir saír bastante ben do desafío de encarnar a un personaxe tan simbólico.
Iso si, o cartel promocional quedoulles xenial:
Un marzo cinematográfico moi friki
Ao parecer o 17 de marzo teríamos a película de La Bella y la Bestia en cines, sendo a enésima frikada que se estreará ese mesmo mes no que probablemente temaños o día 3 Logan, o día 10 Kong: Skull Island, o día 24 os Power Rangers e o día 31 Ghost In The Shell, ou sexa, que se todo segue así habería unha peli friki cada venres durante todo marzo, o que é unha barbaridade, e así non me sorprende que a última de Dreamworks, El Bebé Jefazo xa estea programada para o mes de abril en España.
Debe estar conectado para enviar un comentario.