As cachondas da Disney

Resulta complicado homologar o mundo real tridimensional cos debuxos animados, pero dende Fanpop! ousaron a publicar unha listaxe coas rapazas da Disney que están máis cachondas, con 3 condicións:...

Resulta complicado homologar o mundo real tridimensional cos debuxos animados, pero dende Fanpop! ousaron a publicar unha listaxe coas rapazas da Disney que están máis cachondas, con 3 condicións:
1- ten que ser un debuxo
2- ten que ter aparencia humana
3- non pode ser mala
E, loxicamente, a gañadora foi Jessica Rabbit, pois todos sabemos que non é mala, senón que a debuxaron así 😉
As mozas máis cachondas da Disney
O que xa non acabo de entender e qué pinta Jane na segunda posición (supoño que será cousa de que a peli de Tarzán é recente), pero Pocahontas e Jasmine nas posicións 3 e 4 son bastante predecibles, aínda que me volve a sorprende a Cincenta no posto 5, así coma Mulán no 6 e Bella no 7, xa que coido que van máis de personaxes fermosos e inocentes que de cachondas.
Outro falar sería a do personaxe favorito de Quim Barreiros (por aquilo da cabritiña), a Esmeralda do xorobado de Notre Dame, que como é bailarina, supoño que terá o seu aquel (non vin a peli na que sae, polo que non podo opinar).
A aparición da Brancaneves no posto 9, diante da Sireniña tamén me sorprende, pois Ariel merecía unha posición superior, pero supoño que o feito de que non fose totalmente humana xogou na súa contra. ¿Pasaría o mesmo con Campaíña (que tampouco está presente na listaxe)?

Mickey Mouse ClubSe espallásemos a listaxe a personaxes que non fosen debuxos animados poderiamos sorprendernos ó ver que Keri Russell (Felicity), Britney Spears ou Christina Aguilera tamén fose mozas Disney… ¡aínda que nese caso sería no Club Disney! Daquela chamábanlle Mickey Mouse Club (no que tamén estaban Justin Timberlake e Ryan Gosling), pero ver tal imaxe dá arrepíos (é como volver ver un programa de La Quinta Marcha).

En cambio, ¿por qué as cachondas tiñan que ser boas? Porque dubido moito que Cruella De Vil tivese algo que facer. ¿Acaso as malas da Disney son todas feas e con pinta de bruxa?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS