Hai tempo que non poño ningún vídeo de cosplay no blog, e en vista de que os fenómenos de Sneaky Zebra teñen vídeos novo… non podo evitar compartir a súa produción da Stan Lee’s Los Angeles Comic Con.
Os cosplays de personaxes de Overwatch, de numerosos personaxes de cómic (o da Wonder Woman de Gal Gadot pareceume bastante fiel) e de moitas outras frikadas teñen o nivel habitual, pero curiosamente un dos que máis graza me fixo foi o de Danny e Sandy de Grease, demostrando que o do cosplay é algo máis que levar disfraces chulos, e ten moito que ver con interpretar un papel e pasalo ben.
En Barcelona tamén hai moito cosplay
Co gallo do Salón do Manga de Barcelona tamén puido verse bastante cosplay de nivel, incluíndo presenza galega e algunha outra cara habitual nos certames frikis galegos.
Nos encontros españois non haberá tanta participación como nas grandes convencións norteamericanas, pero a calidade dos cosplays é innegable, e cando menos aquí podemos presumir de ter os cosplayers máis coleccionables: 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.