O cosplay da Comic Con en vídeo

Xa temos aquí o vídeo de Sneaky Zebra da pasada edición da Comic Con de San Diego, amosando ao mundo o elevadísimo nivel que ten o cosplay nese evento:...

Os mozos de Sneaky Zebra na SDCC 2014

Xa temos aquí o vídeo de Sneaky Zebra da pasada edición da Comic Con de San Diego, amosando ao mundo o elevadísimo nivel que ten o cosplay nese evento:

Aparte do feito de poder identificar a algunha celebridade entre os presentes, o que xa ten o seu aquel (que sexa doado cachar a Sam Witwer non fai que sexa menos divertido ter recoñecido a algún Power Ranger orixinal), quedei bastante impresionado por algunhas caracterizacións como a de Apocalipsis (de Mick Ignis), a sarxento Calhoun de Rompe Ralph, os Transformers con luces de neón, o cuspidiños que quedaban Thor e Loki, o guai que quedou Usagi Yojimbo, o tío que vai dunha especie de guerreiro monstroso que non recoñeco (pero que parece o cosplay máis aparatoso de todos), a tía que vai de Rorschach (a mancha da máscara muda constantemente!!!), o notas que ía do prota de Bionic Commando… son tantas xenialidades que cadaquén pode destacar unha diferente.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...