Novo tráiler de Wonder Woman

Coñecendo o rumbo que tomaron os filmes de DC Comics, é prudente manter reservas sobre o que será filamente o filme de Wonder Woman, pero polo que deixa ver...

Coñecendo o rumbo que tomaron os filmes de DC Comics, é prudente manter reservas sobre o que será filamente o filme de Wonder Woman, pero polo que deixa ver o seu novo tráiler, a cousa pinta moi ben.

Tanto a estética rariña de Themyscira (bastante diferente á que vimos nas últimas décadas na banda deseñada) como a aparencia antiga da Primeira Guerra Mundial conseguen un resultado visual bastante curioso, que se a cousa non se torce moito, dará pé a unha produción cun carácter de seu que podería supor a redención do Universo DC cinematográfico.

Haberá que ver se Gal Gadot e Chris Pine convencen nos seus seus papeis, e tamén teño dúbidas sobre como ligaran a guerra coa mitoloxía e cos alieníxenas (lembremos que en Batman v Superman Diana deixaba caer que xa se enfrontara antes a monstros doutros mundos). E se queren ir para nota confío en que non mesturen nomes de mitoloxías gregas e romanas (ou sexa, que se sae Heracles, estaría ben que non lle chamasen Hércules).

E coma colofón, tamén estrearon novos carteis promocionais da película:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS