Nos tempos nos que tiña un ZX Spectrum +2 e frecuentaba as máquinas recreativas, había un xogo que destacaba por detalles como ter unha cuberta na que plaxiaban descaradamente a portada de Predator e unhas mecánicas revolucionarias: tanto contaba con niveis de desprazamento horizontal con dúas alturas coma con niveis isométricos estáticos (unha especie de 3D rudimentario) nos que moverse de lado a lado (e, ocasionalmente, cara arriba) para rematar cos inimigos na parte superior da pantalla. Falo de Gryzor (título ao que algúns en España chaman absurdamente Contra, cando ese era o título nos EE.UU.), un clásico ao que eu botaba partidas en máquina, polo que foi toda unha gozada poder mercalo para o Spectrum e así xogar na casa.

Decidamente os vellos xogos son frustrantes para os que non están afeitos. Non é que sexan mellores ou peores, simplemente o que acontece é que o contorno de xogo é diferente, e agora búscanse outros elementos como interactuar en liña ou gozar co descubrimento. O mundo dos videoxogos mudou co tempo, e os clásicos son agora aptos para moi poucos xogadores.

Debe estar conectado para enviar un comentario.