Se me preguntan por que me poderían chamar hoxe para falar de tecnoloxía na Galega diría que dos produtos que onte presentou Microsoft ou das novidades que amosou hoxe Apple, pero a actualidade informativa local está moi afastada dos EE.UU., e resulta que dende o programa Área Pública da TVG pedíronme comentar detalles sobre un tema do que recoñezo que paso bastante: o caso Diana Quer.
Cando menos agora moita xente saberá que o seu smartphone, en condicións normais, almacena un completo rexistro da súa posición GPS.
Velaquí tedes un exemplo de como a aplicación de mapas do meu teléfono rexistrou como onte fun ao Forum Metropolitano (a unha mesa cadrada do FKM 2016) pola mañá e a Coruña Bloggers pola noite, quedando rexistrado incluso onde deixei o coche e os tramos que percorrín andando.
Parece que estamos moi vixiados, pero ese tipo de información pode resultar de grande utilidade para nós por se, por exemplo, esquecemos onde deixamos aparcado o noso vehículo, ou incluso para beneficiarnos da predición dos nosos desprazamentos (de xeito que o móbil chega a avisarnos cando temos que saír da casa se non queremos chegar tarde a unha cita).
Debe estar conectado para enviar un comentario.