ExpOtaku 2014 (I): bo comezo

Onte pola tarde puiden achegarme á quinta edición de ExpOtaku no recinto feiral de EXPOCoruña, e o evento parece que este ano apuntaba aínda más alto que en anteriores...

entrada de EXPOCoruña

Onte pola tarde puiden achegarme á quinta edición de ExpOtaku no recinto feiral de EXPOCoruña, e o evento parece que este ano apuntaba aínda más alto que en anteriores edicións. Toda unha boa nova para os seareiros do manga e o anime que se moven por Galicia.

ramen

Por suposto, a cultura xaponesa impera nun evento deste tipo, chegando até a gastronomía, de aí que non sexan poucos os que incluso se animen a tomar algo de ramen emulando a Naruto Uzumaki.

takeshi durmindo

Pero, claro, á primeira hora nin chegara moita xente, nin entraba nada no estómago despois do xantar, polo que non me sorprendeu ver que o Xeneral Takeshi botase unha soneca no seu negocio. 😀

Actividades a tutiplén

baile

O que teñen os eventos como ExpOtaku é que, como te animes un pouco, non terás tempo para aburrirte, pois hai moitísimas actividades que se desenvolven seguindo un completo programa, entre as que destacan moitas que non teñen hora fixa, pois están desenvolvéndose continuamente.

Na zona central do recinto alternan concursos, bailes coreografiados, desfiles de cosplay… no que sería a parte máis festeira do encontro.

Pero aos lados tamén había bastante peña a hostiazo limpo, aínda que con suavidade, pois estaban a practicar deportes frikis como son o softcombat e o jugger, no que se empregan armas de espuma, polo que é difícil mancarse, á vez que se fan moitas sobradas que resultan moi divertidas.

Quidditch Muggle

Postos a frikear, tamén é moi divertida a proposta do Quiddish Muggle, ou sexa, o xogo que podemos ver nas películas de Harry Potter, pero sen as vasoiras voadoras. ¡Xenial!

E para os frikis máis tecnolóxicos, nun curruncho tamén hai pistas de Scalextric que poden empregarse programando o sistema cun ordenador ou manexando o coche coa mente. ¡A de mutantes con telequinesis había por alí! 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS