¿Cres que es o que máis sabe dos teus amigos (frikis)?

Hai pouco descubrin a colección Juegos Cúpula editados por Planeta, que consisten nunhas caixas nas que veñen unha serie de tarxetas con preguntas dunha temática definida. Hai un par...

Leonardo con Juega con Cultura Friki

Hai pouco descubrin a colección Juegos Cúpula editados por Planeta, que consisten nunhas caixas nas que veñen unha serie de tarxetas con preguntas dunha temática definida.

Juega con Cultura Friki

Hai un par de xogos de cultura xeral; outros de axilidade mental, xogos de lóxica e enigmas; non faltan os de fútbol ou os de resolución de crimes; e eu, claramente, decanteime por adqurir o de Cultura Friki.

Cartman con Juega con Cultura Friki

Este xogo en cuestión inclúe 150 tarxetas con preguntas repartidas categorías:
Frikis & Palomitas: preguntas sobre cine e televisión
Frikis & Tecnología: a Internet, os trebellos electrónicos e cousas tecnolóxicas que tanto se prestan para frikear
Frikis & Juegos: os xogos (de mesesa, de rol e electrónicos) tamén son unha importante fonte da cultura friki
Frikis & Superhéroes: o friki que non controle de superheroes, é un friki de garrafón
Estrellas Frikis: cuestións sobre celebridades nos distintos eidos do frikerío
Ellas Son Frikis: a cara feminina da cultura friki, que para min son as preguntas máis complicadas con moita diferenza.

iCEO con Juega con Cultura Friki

¿E como se xoga? Pois pode xogarse de moitos xeitos, pois carece de normas establecidas. O que si figura é unha puntuación do 1 ao 3 por cada pregunta, en función da súa dificultade, polo que o xeito máis práctico de xogar sería separar as preguntas por categorías, repartir cada mazo entre todos os participantes, e logo xogar a acertar as preguntas, por exemplo, preguntando á persoa que cadaquén teña ao seu lado. Supoño que tamén poderían establecerse rebotes e cousas polo estilo, pero iso dependería moito do número de participantes e das gañas que se teñan de alargar as partidas.

O principal defecto deste xogo é que, ao ter só 150 preguntas, é posible rematalo nun par de horas, sendo pouco rexogable. Habería que propor unha especie de BookCrossing con este tipo de produto que, curiosamente, está á venda en librerías.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS