Curtis e Teixeiro volven á carga

A primeiros de ano en Melide puidemos gozar do divertidísimo espectáculo de Federico Pérez e Xosé A. Touriñán Curtis & Teixeiro. Investigadores Privados, que estaba de xira polas vilas...

A primeiros de ano en Melide puidemos gozar do divertidísimo espectáculo de Federico Pérez e Xosé A. Touriñán Curtis & Teixeiro. Investigadores Privados, que estaba de xira polas vilas galegas, deixando fóra a case todas as cidades por motivos difíciles de comprender, pois en cada sesión conseguiron un cheo completo alí por onde foron. Agora parece que van solucionar lixeiramente tal eiva, e anuncian unha nova xira que principiará o vindeiro venres no Centro Ágora da Coruña, e que non esquecerá cidades como Santiago de Compostela ou Vigo, deixando claro que o público máis urbano tamén ten dereito a gozar deste humor tan peculiar.

ct_datas

Os interesados en acudir a algúns dos 8 chous que están programados poden visitar a páxina web oficial do espectáculo (ao que non lle falta o sufixo .gal) na que inclúen ligazóns aos respectivos despachos de billetes en liña.

Eu, pola miña banda, confeso estar pendente de decidir se volverei a velos desta volta, pois paseino moi ben coas burradas que dicían sobre o escenario estas auténticas bestas do humor. Vaia, que se teño tempo non perdo a oportunidade de escachar coa risa e alucinar ao ver como a xente escarállase ao escoitar certas mostras de humor negro nun momento no que a chamada corrección política fai que perderamos o costume de rir con comentarios sobre sexo, política ou terrorismo (cando ese tipo de bromas son máis un síntoma de madurez que xestos de mal gusto como queren facernos crer algúns mexericas).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS