Ola k ase

Cando hoxe buscamos en Google “ola k ase” atopamos máis de 16 millóns de resultados, deixando clariño que a frase está a causar furor, e aínda que leva anos...

Cando hoxe buscamos en Google “ola k ase” atopamos máis de 16 millóns de resultados, deixando clariño que a frase está a causar furor, e aínda que leva anos arrasando, é difícil de explicar como mantense activo, conseguindo unha grande visibilidade nos últimos días.

Todo comezou cunha montaxe moi cutre na que se colocaba o texto “ola k ase” (no que algúns describen como linguaxe choni ou cani) sobre unha fotografía dunha llama (que non deixa de lembrarme o anuncios de Telecom de “la llama que llama”), e agora, moitos que escoitan esa frase vénlles a imaxe á cabeza e escachan coa risa, o que sería o detonante dun meme que arrasou en 2012, e que o rapeiro Lory Money aproveitou para conseguir o seu salto á fama (sen pasar polo Supermartes):

Este vídeo musical superou os 4 millóns de visitas, permitindo que este rapaz de orixe senegalesa poida conseguir certa sona, de xeito que agora anda de xira por toda España, o que esperemos que aproveite (pois está claro que vai ser flor dun día).

Aínda que o xeito de falar de Lory Money ten o seu aquel, coido que o máis friki do vídeo son os mozos coas caretas de llama, en alusión á orixe do meme, aínda que o anterior ghit de Lory Money tamén é digno de destacar, pois viña da súa época de manteiro:

Este vídeo xa tivera moitas visitas no seu momento, pero supoño que nos vindeiros meses aínda acadará máis visibilidade. Agora só faltaría que xurdisen parodias deses vídeos para converter a Lory Money no PSY de Senegal.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS