Curtis & Teixeiro en Melide

As estrelas televisivas Federico Pérez e Xosé A. Touriñán van achegarse a Melide o vindeiro día 24 para representar o seu espectáculo Curtis & Teixeiro. Investigadores Privados, no que...

As estrelas televisivas Federico Pérez e Xosé A. Touriñán van achegarse a Melide o vindeiro día 24 para representar o seu espectáculo Curtis & Teixeiro. Investigadores Privados, no que farán humor co terrorismo internacional, o programa secreto sexual dos partidos políticos, as gravacións secretas de Tejero antes do golpe de estado do 23F e incluso a verdadeira historia de Noé.

Estamos ante un espectáculo para admiradores de Mortadelo e Filemón ou Starsky e Hutch, que sen dúbidas agochará máis sorpresas que True Detective.

curtis_teixeiro_cartel_melide

As entradas estarán á venda en Muxica e no Estanco, así como a través da páxina web da organización a un prezo de 11,1 euros (inclúe 1,10 euros de gastos de xestión).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS