Ghost In The Shell – S.A.C. – 2nd GIG: ¿imposible de mercar en DVD?

A segunda tempada da serie de televisión de Ghost In The Shell: Stand Alone Complex é unha obra de grande calidade da que gustei bastante, que en España se...

Ghost In The Shell - Stand Alone Complex - 2nd GIGA segunda tempada da serie de televisión de Ghost In The Shell: Stand Alone Complex é unha obra de grande calidade da que gustei bastante, que en España se editara en discos soltos entre febreiro e setembro de 2006 a o brutal prezo de 19,95 euros cada un. Como son 6 discos sumarían un total de 119,7 euros, o que é pouco menos que un pecado, incluso mercándoa co 30% de desconto, de xeito que agardei ata que a primeiros de xullo supostamente saise o pack coa tempada completa por 60 euros.
Durante todo o verán estiven a buscar tal pack en Carrefour, no Corte Inglés e na FNAC, sen moito éxito (no Corte Inglés nin sequera o tiñan na súa base de datos) e finalmente o encarguei en DVDgo a finais de agosto de xeito que co 25% de desconto me saía a 45 euros (cantidade que estaba disposto a pagar por facerme cunha serie deste nivel) e onte recibín unha mensaxe da tenda (case 2 meses despois do pedido) indicando que o produto estaba descatalogado, o que me lembrou ó tema de Heroes. De feito, o total de mensaxes intercambiados entre DVDgo e un servidor foi de 8 (o que demostra que non teñen un sistema de atención ó cliente como é debido).
¿Qué hai que facer para mercar obras en DVD en España? Non entendo por qué se queixan dun descenso nas vendas se logo é imposible conseguir o material que a un lle interesa. ¿Acaso nos queren vender os DVD de favor?
Como as distribuidoras non espabilen un pouco van a atoparse con que os compradores se van a render ás descargas pola Rede, e van pasar olimpicamente duns discos orixinais tan difíciles de conseguir.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS