Nas últimas horas está a compartirse bastante polas redes sociais unha versión de hai uns meses do Billie Jean de Michael Jackson á que The Pixels Band déronlle un aire retro que moi ben acaído:
Pero este non é o único tema musical que recibe tal tratamento, e dende PostModern Jukebox agasallan ao público con moitas outras versións realmente máxicas como o You Give Love a Bad Name que en vez de estar sacado do Ponte Eurófico Mix de Barney Stinson pasa polo micrófono de Jennie Lena, quen dalle un toque de blues vintage:
O Creep de Radiohead tamén colle un toque inesquecible baixo a voz de Haley:
Incluso cancións dos petardos irmáns Hanson poden gañar moito viaxando ao pasado, e o MMMbop pode soar excepcionamente ben:
Versións bastante simpáticas
Tamén é divertidísima a versión do Call Me Maybe que fai Von Smith:
Servindo tamén para botar unhas risas o Barbie Girl de Aqua versionado por Morgan James:
E para rematar co xogo de moda, Scott Bradlee tamén fixo variacións de jazz sobre a canción de Pokémon: