Feira de Agasallos e Ruta de Cócteles Rurais en Melide

A vindeira din de semana o Concello de Melide en colaboración co GDR Ulla Tambre Mandeo celebra a Feira de Agasallos da Terra para Nadal que terá lugar o...

Presentación da Feira de Agasallos de Nadal

A vindeira din de semana o Concello de Melide en colaboración co GDR Ulla Tambre Mandeo celebra a Feira de Agasallos da Terra para Nadal que terá lugar o sábado pola mañá e o domingo todo o día, con expositores no Cantón de San Roque de produtores, artesáns e empresarios do territorio das

comarcas de Arzúa, Melide, Curtis e Vilasantar para fomentar a compra de produtos elaborados e comercializados na zona para regalar nas vindeiras festas tanto en forma de cesta de Nadal (con queixos, mel, ricos, melindres…) ou outro tipo de agasallos (noites en casas de turismo rural, paseos a cabalo…).

Paralelamente dende ASETEM decidiron sumarse á iniciativa organizando para a noite do sábado unha Ruta de Cócteles Rurais na que participan 10 locais da noite melidense con cadansúa especialidade:

  1. Casa Quinzán
    Quinzanito Doce
    Augardente Tostada, mel, zume e un toque sorpresa
  2. Cervexaría Sapo Lambón
    Lambonada de Tostada
    Augardente tostada, azúcar de caña, limón, zume e froitos do bosque
  3. Bar Stop
    Rebujito Melidense
    Viño blanco, espumoso e o toque stop (So ata as 12!)
  4. Xaneiro
    Queimada con froitos do bosque (A de sempre!)
  5. Pub Q+
    Q+ podes pedir!
    Laranxa, augardente tostada e licor de limón
  6. A Boa Viña
    Cóctel A Boa Vida
    Crema de orujo, licor café e un toque amargo
  7. Arraigos
    Gin Tonic rural
    Ginebra e tónica galegas con mel e froitos do bosque
  8. Pub Cult Room
    Combinado de Nadal
    Licor de piruleta, licor de arando e un toque especial
  9. A Fábrica do Camiño
    Gin-tonic con framboesas
  10. Restaurante Novo Continente
    Ambrosía Galega
    Crema de plátano caseira, mel, café, licor café, xirope de chocolate.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS