Éxito do II Concerto de Aninovo

O 2ª edición do Concerto de Aninovo da Asociación Cultural Melide Vida Musical foi todo un éxito segundo a súa organización no seguinte comunicado: Foi o pasado sábado día...

II Concerto de Aninovo da Asociación Cultural Melide Vida Musical
O 2ª edición do Concerto de Aninovo da Asociación Cultural Melide Vida Musical foi todo un éxito segundo a súa organización no seguinte comunicado:

Foi o pasado sábado día 8, cando na Igrexa Parroquial de Melide, a Orquestra de corda de Melide Vida Musical, nos ofreceu o seu II Concerto de Ano Novo.
Nin sequera o mal tempo, impediu que a Igrexa Parroquial de Melide se enchese para poder escoitar a esta formación de 35 músicos, que interpretaron tanto temas clásicos como contemporáneos, ofrecendo calidade e variedade de obras, onde como obxectivo principal é o de «ir aumentando en coñecemento musical e cultural dos nosos compoñentes».
Concerto de Aninovo
Nesta ocasión a Orquestra presentou dous temas novos compostos polo mestre Fernando V. Arias para esta formación, que foron Foliada de Melide e Vida Musical, o primeiro tema cumpre así outro dos obxectivos da Asociación de «abranguer todas as vertentes musicais para completar a formación musical dos compoñentes», e o segundo tema é unha obra que «pretende ser obra de referencia para a Asociación que a parte de ter un fondo romántico, tamén ten un toque xuvenil, movido e divertido, reflectindo así o selo de identidade desta Asociación».
Este concerto contou tamén coas voces de Patricia Asorey, Xoan Curros e Estíbaliz Espinos que interpretaron temas coñecidos como La Vida es Bella, Moon River ou o Himno de Melide entre outros.
Melide Vida Musical a través do seu presidente Alfonso García agradece a todos as mostras de cariño e de apoio cara á Asociación coas que lle dan a forza e a calor necesaria para poder continuar co proxecto así como tamén anima a todos aqueles que queiran formar parte desta Asociación e da súa Orquestra.

Agardemos que a Asociación Cultural continúe por moito tempo cos seus 2 concertos anuais, dinamizando a vida cultural de Melide.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS