Chris Claremont estará en Viñetas

A vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico quece motores, e desta volta anúnciase a súa oferta de autores coa debida antelación, de xeito que máis de un comezará...

vinhetas_2016A vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico quece motores, e desta volta anúnciase a súa oferta de autores coa debida antelación, de xeito que máis de un comezará xa a repasar os álbums que teña dos artistas convidados a visitar a cidade da Coruña entre os días 8 e 14 de agosto.

Esta mañá presentouse o festival de xeito oficial, e aparte dos habituais autores españois sorprendeume moi gratamente ver que teremos como convidado internacional a Chris Claremont, un dos principais guionistas da Patrulla X e, xunto con John Byrne, un dos grandes creadores dos alicerces sobre os que se sostén o universo mutante marvelita. Vaia, que falamos do autor da Saga de Fénix Escura e de Días dos Futuro Pasado, ou sexa, que incluso os filmes dos X-Men beben dos seus textos. Todo un luxo telo en Viñetas!

Para saber máis do certame, velaquí a nota oficial:

¡Comeza a conta atrás para unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico!

presentacion_vinhetas_2016

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de prensa de presentación da edición 2016 do Festival Internacional da Historieta da Coruña, que se celebrará entre os días 8 e 14 de Agosto. Ao acto acudiron o director do certamen, Miguelanxo Prado e José Manuel Sande, Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, destacando o marcado carácter social de Viñetas desde o Atlántico 2016. Ambos desvelaron o cartel de Viñetas 2016, realizado por Keko, invitado do pasado verán.

Un ano máis, o noso obxectivo é que este flamante espazo web sirva de punto de referencia para todos os visitantes, contendo a información esencial relacionada co festival, en especial a través da sección Novas, na que volveremos resumir día a día a actividade de Viñetas. Aos poucos iremos actualizando tamén outras seccións, como Rúa dá BD, na que vos daremos todos os detalles sobre as actividades que se realizarán na feira que se situará no Paseo das Palmeiras (Xardíns de Méndez Núñez)

convidadosNa sección Convidados xa podedes atopar a biografía e bibliografía dos profesionais que nos acompañarán este ano: ¡Cristina Bueno, Nadar, Jorge González, Juan Díaz Canales, Rubén Pellejero, Chris Claremont, Daniel Torres e Ramón Marcos! Grandes nomes do panorama nacional e internacional, que protagonizarán unha nova cita co mundo do cómic na cidade herculina.

O propio Miguelanxo Prado e o artista ourensano David Rubín completan as firmas galegas, rendendo homenaxe ao autor máis universal, Miguel de Cervantes. Da man de Viñetas desde o Atlántico, Coruña será a primeira cidade española non cervantina que poderá gozar de Miguel de Cervantes/El retablo de las maravillas, a exposición conmemorativa do IV Centenario da Morte de Cervantes organizada por Acción Cultural Española(AC/E). Actualizaremos moi pronto a sección Exposicións con toda a información ao respecto. ¡E podemos confirmar que o Kiosco Alfonso e Palexcoserán, un ano máis, dous das ubicaciones centrais! Os denonimados Encontros Profesionais, tamén repetirán na edición 2016.

Recordade que ademais Viñetas desde o Atlántico está presente en FacebookTwitter e, moi pronto, en Instagram. ¡Todo para que non vos perdades nin un detalle deste esperado evento! Nos próximos días ofrecerémosvos aínda máis información sobre todo o que estamos preparando para este esperado evento. ¡E desgranaremos pouco a pouco todas as novidades deste ano! ¡Esperámosvos!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS