BOOM! Film & Comic: o programa do sábado

O día forte do BOOM! Film & Comic parece que será o sábado ou, cando menos será o que máis cargará á banda deseñada e ao cosplay, polo que...

O día forte do BOOM! Film & Comic parece que será o sábado ou, cando menos será o que máis cargará á banda deseñada e ao cosplay, polo que é o que me resulta máis atractivo, aínda que estou certo de que non serei quen de asistir a todas as actividades que me interesan do seu completo programa:

  • 10:00 horas – Apertura de portas
  • 10:30 horas – SALA. Presentación Zombi D’or con Fernando Polanco
  • 11:00 horas – EXPLANADA EXTERIOR. Torneo de Dagas Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo – AJSV
  • TEATRO. Presentación Sueños de Piedra con Iria G. Parente e Selene M. Pascual
  • 11:30 horas – SALA. Presentación de AD INFERNUM con Daniel P. Espinosa
    SINATURA DE AUTORES. Fernando Polanco
  • 12:00 horas – TEATRO. BOOKTUBERS con Sebas G Mouret e Violeta Moon
    EXPLANADA EXTERIOR. Torneo de Quidditch con Dinosaur’s Army Quidditch Team
  • 12:15 horas – SALA. Infinity. Alberto e Gutier de Corvus Belli
    SINATURA DE AUTORES. Daniel P. Espinosa
  • 13:00 horas – TEATRO. El Ministerio del Tiempo con Javier Olivares.
  • 14:00 horas – TEATRO. Demostración de Esgrima Clásica coa Sala Viguesa de Esgrima Antiga (SVEA)
    SALA. Nancy in Hell, unha homenaxe de ida e vuelta. Con El Torres e Enrique Lopez Lorenzana
    SINATURA DE AUTORES. Sebas G Mouret e Violeta Moon
  • 15:00 horas – TEATRO. A nave do paintball Vigo
  • 16:30 horas – SALA. 50 años de Star Trek con Club Star Trek de España
    SINATURA DE AUTORES. Jano, Kiko da Silva e Víctor Rivas
  • 17:00 horas – TEATRO. A Banda Deseñada en Galicia con Jano, Kiko da Silva, Víctor Rivas, Miguel Porto, Cynthia Alfonso, Manuel Barreiro e Nieves Rodríguez
    EXPLANADA EXTERIOR. Torneo de Espada e Escudo coa asociación Arcadia.
  • 18:00 horas – SALA. Doctor Who, 101: As orígenes de heroes e monstruos con Planeta Gallifrey
    SINATURA DE AUTORES. Javier Olivares
  • 18:00 horas – EXPLANADA EXTERIOR. Iniciación á Esgrima Clásica coa Sala Viguesa de Esgrima Antiga (SVEA)
  • 18:30 horas – TEATRO. SuperHeroes. Vellas fórmulas, conceptos novos, con El Torres, Julián López, Daniel Estorach e David Braña.
  • 20:00 horas – TEATRO. Concurso Cosplay BFC
  • 21:00 horas – Peche

Para comezar, teño bastante curiosidade por ver o que teñen que contar Sebas G. Mouret e Violeta Moon, youtubers galegos cunha liña moi diferente, dos que seguro que se pode aprender algo e que, se todo sae ben, o vindeiro martes terémolos no programa A Tarde da Radio Galega (si, o programa que é tan do agrado de Julián Ruiz).

10959061_10153166210803966_329227200118536221_o

Planeta Gallifrey participa un ano máis en BOOM!

E aínda que as actividades sobre Star Trek e Doutor Who son do meu agrado, admito que estou máis interesado polas mesas sobre banda deseñada.

Escoitar a Jano, Kiko da Silva, Víctor Rivas, Miguel Porto e Cynthia Alfonso falar dende a perspectiva dos autores, mentres que Manu Barreiro e Nieves Rodríguez achegan a súa visión de podcasteiros do sector (grazas ás súas imprescindibles Metrópoles Delirantes) e algo que non penso deixar pasar; mentres que no caso da actividade con El Torres, Julián López e Daniel Estorach xa non me queda outro remedio (xa que convidáronme a conducir a presentación).

Florencia Sofen é unha das cosplayers convidadas ao evento

Florencia Sofen é unha das cosplayers convidadas ao evento

Logo, o concurso de cosplay tamén é moi prometedor. Supoño que no xurado estarán cosplayers convidas como Florencia Sofen, Luzbel D’auvergne e Cherry & Bannana (estas últimas xa estaban na pasada edición, e teñen unha grande actividade nos encontros frikis coruñeses). Se o concurso ten o ritmo do ano pasado seguro que sae de marabilla.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS