BOOM! Film & Comic: o programa do venres

Fíxose esperar moito, pero hoxe comezou a publicarse o programa de actividades de BOOM! Film & Comic, evento que o venres comezará con certa tranquilidade que é de agradecer:...

Fíxose esperar moito, pero hoxe comezou a publicarse o programa de actividades de BOOM! Film & Comic, evento que o venres comezará con certa tranquilidade que é de agradecer:

  • 10:00 horas – Apertura de portas
  • 10:30 horas – TEATRO. Obradoiro de escritura fantástica con Iria G. Parente e Selene M. Pascual
  • 11:20 horas – TEATRO. Aprendendo código con Kidcode
  • 12:10 horas – TEATRO. Caracterización cinematográfica: creando maxia e ilusión. Escola de Imaxe e Son de Vigo
  • 13:00 horas – TEATRO. Achegándose ao SoftCombat Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo (AJSV)
  • 14:00 horas – TEATRO. A nave do paintball Vigo
  • 16:00 horas – SALA. Presentación de CACAHUETE, con Darío Vilas
  • 16:50 horas – SINATURA DE AUTORES. Darío Vilas
  • 17:00 horas – SALA. A literatura de terror en España, con Darío Vilas, Daniel P. Espinosa e Fernando Polanco
    TEATRO. Lecer alternativo en Vigo, falan as asociacións.
  • 18:00 horas – TEATRO. As voces galegas de Dragon Ball Z na Televisión de Galicia. Encontro con Julio Lorenzo (Son Goku adulto), Tonia Fuentes (Son Goku de neno e Son Gohanda), Gonzalo Failde (Freezer), Paco Barreiro (Sr. Popo e o Dragón Máxico).
    EXPLANADA EXTERIOR. Iniciación ao SoftCombat coa Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo (AJSV)
  • 19:00 horas – TEATRO. Dragon Ball Z. La resurección de Freezer
  • 20:00 horas – SALA. “No me digas lo que no puedo hacer” con Javier Olivares e Daniel Estorach.
  • 21:00 horas – Peche

Dado que non poderei achegarme a Vigo agradezo que o programa non estea moi cargado, pero dáme certa carraxe non poder ver en persoa aos dobradores de As Bolas Máxicas, pois aínda que coñezo a algún, velos xuntos ten que ser unhas risas. De seguro que máis de un vai chorar coa risa ao ver como Freezer solta en directo un «Son Goku, voute facer faragullas».

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS