6 Maio, 2016
Fíxose esperar moito, pero hoxe comezou a publicarse o programa de actividades de BOOM! Film & Comic, evento que o venres comezará con certa tranquilidade que é de agradecer:
- 10:00 horas – Apertura de portas
- 10:30 horas – TEATRO. Obradoiro de escritura fantástica con Iria G. Parente e Selene M. Pascual
- 11:20 horas – TEATRO. Aprendendo código con Kidcode
- 12:10 horas – TEATRO. Caracterización cinematográfica: creando maxia e ilusión. Escola de Imaxe e Son de Vigo
- 13:00 horas – TEATRO. Achegándose ao SoftCombat Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo (AJSV)
- 14:00 horas – TEATRO. A nave do paintball Vigo
- 16:00 horas – SALA. Presentación de CACAHUETE, con Darío Vilas
- 16:50 horas – SINATURA DE AUTORES. Darío Vilas
- 17:00 horas – SALA. A literatura de terror en España, con Darío Vilas, Daniel P. Espinosa e Fernando Polanco
TEATRO. Lecer alternativo en Vigo, falan as asociacións. - 18:00 horas – TEATRO. As voces galegas de Dragon Ball Z na Televisión de Galicia. Encontro con Julio Lorenzo (Son Goku adulto), Tonia Fuentes (Son Goku de neno e Son Gohanda), Gonzalo Failde (Freezer), Paco Barreiro (Sr. Popo e o Dragón Máxico).
EXPLANADA EXTERIOR. Iniciación ao SoftCombat coa Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo (AJSV) - 19:00 horas – TEATRO. Dragon Ball Z. La resurección de Freezer
- 20:00 horas – SALA. “No me digas lo que no puedo hacer” con Javier Olivares e Daniel Estorach.
- 21:00 horas – Peche
Dado que non poderei achegarme a Vigo agradezo que o programa non estea moi cargado, pero dáme certa carraxe non poder ver en persoa aos dobradores de As Bolas Máxicas, pois aínda que coñezo a algún, velos xuntos ten que ser unhas risas. De seguro que máis de un vai chorar coa risa ao ver como Freezer solta en directo un «Son Goku, voute facer faragullas».