17 Marzo, 2016
O vindeiro día 20 de maio chega aos cines un novo filme dos X-Men na súa última encarnación cinematográfica, e para ir abrindo boca ofrécennos un tráiler realmente novo, con moitas secuencias inéditas, polo que é toda unha delicia para os seareiros da saga:
Coido que o peor da película será que o personaxe de Mística vai estar magnificado pola popularidade da actriz que a caracteriza, pero cando menos volveremos ver a Mercurio en acción, e tamén estrearanse en pantalla personaxes como Mariposa Mental (Psylocke), interpretada por Olivia Munn (actriz habitualmente de comedia, tamén popular por presentar o programa Attack of the Show e ter un papel relevante en The Newsroom).
Debe estar conectado para enviar un comentario.