X-Men: Días del Futuro Pasado continúa a amosar a patiña por debaixo da porta

O filme X-Men: Días del Futuro Pasado cada día ten mellor pinta, pois cada un dos seus trailers é tan diferente que dá a impresión que vai ter un...

Días del Futuro PasadoO filme X-Men: Días del Futuro Pasado cada día ten mellor pinta, pois cada un dos seus trailers é tan diferente que dá a impresión que vai ter un pouco de todo: o carisma que conseguiron os personaxes de Primera Generación, a nostalxia da Patrulla X clásica, boas escenas de acción…

Aínda que esta semana teñamos nos cines a película de Spider-Man, teño clarísimo que para min a produción friki do ano é a dos mutantes (dubido moito que Guardianes de la Galaxia chegue a crear entusiasmar así, por moito que arrase o Mapache Cohete).

E o último trailer da nova de X-Men non podía pintar mellor:

Como contraste á luz do presente, tamén circula pola Rede un corte no que podemos ver o escuro futuro:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS