Xa temos aquí o novo trailer do agardado filme X-Men: Días del Futuro Pasado:
Aínda que nas vindeiras semanas teremos estreas baseadas en personaxes de banda deseñada tan rechamantes como o Capitán América e Spider-Man, coido que a estrea do ano vai ser X-Men: Días del Futuro Pasado, non só por estar baseado nunha historia moi emblemática, senón por continuar a magnífica X-Men: Primera Generación facendo un aceno á anterior triloxía mutante grazas a unha viaxe temporal.
Desta volta o elenco de actores é de auténtico luxo, como Ian McKellen e Michael Fassbender no papel de Magneto, Patrick Stewart e James McAvoy como o profesor Charles Xavier, Ellen Page interpretando a Kitty Pryde, Hugh Jackman volvendo levar as garras de Lobezno, Halle Berry encarnando a Tormenta e o carismático Peter Dinklage facendo de Bolivar Trask (o responsable do programa Sentinela); aínda que hai un detalle que dáme un chisco de medo, como é o feito de que prescindisen de Rebecca Romijn no papel de Mística adulta, deixando todo o personaxe nas mans de Jennifer Lawrence (Los Juegos del Hambre) o que dáme a pensar que van dar a este personaxe un papel excesivamente relevante polo mero feito de que a actriz está de moda.
Todo apunta a que teremos unha película aínda mellor que a anterior entrega, cando menos a nivel de produción, e aínda que non vaia ser capaz de derrotar a Los Vengadores na venda de entradas por non ser unha obra orientada a un público infantil, estou certo de que vai ser unha cinta moito máis memorable. En tres meses sairemos de dúbidas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.