Lightning é real (ou case)

Nos últimos anos a figura máis recoñecible da franquía de Final Fantasy non é outra que Lightning, que conseguiu converterse en todo un personaxe icónico, cunha aparencia moi recoñecible,...

Nos últimos anos a figura máis recoñecible da franquía de Final Fantasy non é outra que Lightning, que conseguiu converterse en todo un personaxe icónico, cunha aparencia moi recoñecible, e cun nivel de detalle que fai que a moza case pareza real sen chegar a pretendelo, xa que estariamos ante un gráfico xerado por ordenador que combina con certo equilibrio a aparencia dunha muller real coa dun personaxe de anime:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Pero a partires de agora xa non verei a Lightning do mesmo xeito, xa que en Kotaku deron conta cunha cosplayer chamada Kilory, que soubo recrear a Lightning dun xeito tan preciso, que na sesión fotográfica que compartiu na Rede resulta extremadamente difícil determinar que non estamos ante un gráfico xerado por ordenador.

Agora non consigo decidir se é maior o realismo de LIghtning ou o irrealismo de Kilory.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...