A filla de Blas na Galega

Onte fun a almorzar á Churrasquita e puxeron a nova dunha rapaza de 8 anos que tiñan un blogue, o que me sorprendeu (coidaba que ían falar do blog...

Paula de Boiro en La VozOnte fun a almorzar á Churrasquita e puxeron a nova dunha rapaza de 8 anos que tiñan un blogue, o que me sorprendeu (coidaba que ían falar do blog de María Amelia), pero que agora me parece algo imperdoable, xa que tiña que recoñecer de lonxe a esa cativa, xa que era a filla de Blas García, que estreou blogue o Día de Reis.
La Voz non dubida en afirmar que Paula García é a blogueira máis nova de Galicia, o que supoño que será certo, pois coido que hai poucas cativas de tal idade que estean afeitas non a utilizar ordenadores e navegar, senón a escribir relatos de certa lonxitude. Agardemos que Paula de Boiro conserve o seu interese na Rede coma unha ferramenta de comunicación que lle permita relacionarse mellor coas súas amigas, así como que faga moitas amizadas a través da Internet.
Non podo evitar a tentación de comentar que durante o vídeo do TX da Galega alguén tecleou blogespot en vez de blogspot na barra de enderezos do navegador, o que se ve que foi un despiste que puido confundir a algún usuario podería querer visitar a exemplar bitácora hospedada en pauladeboiro.blogspot.com. Podedes comprobalo a continuación:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...